Este festival nace coa finalidade de atender as demandas recibidas por parte de diversos colectivos xuvenís da  do municipio recollidas a través da Concellería de Xuventude.

A cultura urbana esperta un gran interese entre a mocidade do municipio e así nace este festival, entendendo que este  movemento cultural pode ser un escenario idóneo para que a mocidade se exprese a través das múltiples disciplinas que se inclúen: expresión plástica a través do graffiti, a expresión musical, a práctica deportiva como maneira de vivir e mantemento da forma física, etc. Por todo isto, o programa deste ano inclúe unha serie de actividades que amplían a programación do ano anterior para chegar a un maior número de mozos e mozas tendo en conta as súas inquedanzas e intereses.
Os mozos e mozas que participen neste festival poderá asistir de balde as seguintes ACTIVIDADES

GRAFFITI

DANZA URBANA

PARKOUR

CAMPIONATO DE BMX E SCOOTER: RODANDO ARCADE JAM

CONCERTO A CARGO DO GRUPO RAP A GOLPE DE BEATBOX

As prazas son limitadas polo que haberá que inscribirse previamente na OMIX antes do sábado no Multiusos (Arcade) O programa, as bases do campionato e os formularios de inscrición xunto con toda a información están colgadas información na web  www.soutomaior.com  A edil de Xuventude, quere agradecer a participación da mocidade na programación deste tipo de iniciativas porque son eles e elas os que fan que todo isto saia adiante implicándose con nós desde o primeiro momento.

FONTE TEXTO: GABINETE DE PRENSA SOUTOMAIOR