O Concello de Soutomaior celebrou o pleno especial sobre os Orzamentos 2016, ditos orzamentos foron aprobados en solitario polo PP, o seu alcalde Agustín Reguera relatou o que consideran uns plenos acordes ó Concello «un marcado carácter social ao centrar os maiores aumentos nas partidas destinadas ás concellarías de Educación, Xuventude, Igualdade e Emprego». O documento contempla, ademais da débeda cero do Concello, a conxelación das taxas municipais e a creación dunha nova partida destinada a subvencionar o transporte dos escolares que cursen estudos de FP ou Bacharelato.