O Concello de Soutomaior presentou a IV Carreira da Ostra que terá lugar o domingo 26 de marzo no peirao de Arcade. o percorrido é o mesmo que en anos anteriores coa salvedade que este ano será a inversa, así destacou Bernardo Acevedo organizador do evento. O prazo para a inscrición está aberto a través da páxina de Cronotec cun prezo de 5 € para todos aqueles que compitan na categoría sénior xa que nas categorías inferiores a inscrición é de balde e para os empadroados no Concello o mesmo ( tanto na absoluta como en inferiores).

Agustín Reguera alcalde do concello de Soutomaior animou a que participe todas as persoas inclusive as que non adoiten a correr xa que destacou que esta proba non é excesivamente dura. Reguera tamén salientou que o evento abre o calendario de actividades na Vila xa que na seguinte semana celébrase a tradicional Festa da Ostra .

O prazo para a inscrición a carreira da Ostra está aberto ata o día 22 de marzo na web www.cronotec.es , menos para todos aqueles empadroados en Soutomaior que deberán de facer a inscrición no pavillón de deportes da Montesiña