Dende a vaga de lumes no ano 2006  o servizo de normalización lingüística do colexio Manuel Padín Truiteiro organizou ano tras ano unha saída cos alumnos/as  para plantar árbores en colaboración coa Comunidade de Montes de Devesa. Para Quico Obelleiro mestre do colexio considera que é unha actividade moi importante xa que ensinan ó alumnado a ter contacto e deste xeito respectar o medio ambiente.

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+