Catro días e tres noites cunha illa enteira á túa disposición. Con ese luxo contaron os 50 mozos de Soutomaior que participaron esta semana no campamento organizado polo Concello na illa de San Simón. Unha iniciativa dirixida a adolescentes entre 12 e 15 anos co obxectivo de fomentar o tempo de lecer saudable entre os máis novos do municipio.
O campamento terminou coas últimas actividades e a recollida de todos os aveños antes da volta a casa. Dado que o campamento tamén ten un obxectivo cultural, a temática principal foron as artes escénicas. Durante estes días os mozos participaron nunha gymcana dedicada a Indiana Jones, realizaron as súas propias sombras chinesas, crearon a súa propio musical con lib dup incluído, e ata gozaron dunha noite dedicada á literatura de terror. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, manifestou a súa satisfacción polo éxito desta iniciativa e destacou ?a gran variedade da oferta de actividades de verán que levamos a cabo cun dobre obxectivo, colaborar na conciliación familiar dos pais e nais que traballan durante o verán, e fomentar a cultura e o tempo de lecer saudable entre os máis novos ?, afirmou o rexedor.
Pola súa banda, a concelleira de Xuventude, Noelia Ocampo, destacou a gran acollida desta iniciativa por parte dos pais, ?xa que se trata dunha proposta moi alcanzable, que ten lugar nunha paisaxe incomparable no que os mozos están seguros e ademais ten unhas instalacións de primeira. Todos os nenos estaban en habitacións con só un compañeiro, baño propio e todas as comodidades?, finalizou a edil.
Por último, Ocampo aproveitou a ocasión para lembrar os próximos eventos organizados pola súa concellería, que serán o III Festival de Cultura Urbana, que se celebrará o 24 de setembro e contará con campionatos de Bmx e Scooter.

Fonte: Diario Atlántico