Dende primeira hora da mañá os nenos e nenas de Soutomaior agardaban impacientemente a chegada das súas Maxestades os Reis Magos, sobre ás 11h chegaban ao concello de Soutomaior onde alí recibirían os primeiros encargos de xoguetes para logo chegada a noite deixarllos nas casas. Xa pola tarde Melchor, Gaspar e Baltasar acudían á alameda de Talo Río para facer a segunda parte do traballo escoitar aos máis cativos de Arcade antes de que anoitecera e puideran recoller os derradeiros encargos. En Talo Río unha morea de actividades fixo máis divertida a espera dos Reis.