Agustín Reguera alcalde de Soutomaior e Noelía Ocampo concelleira de Xuventude estiveron presentes na entrega de agasallos do X concurso Verbas para Comunicar, un concurso que xa está máis que consolidado entre a mocidade dos colexios do Manuel Padín Truiteiro e o Santiago Apóstol. Verbas para Comunicar organízase  polo día das Letras Galegas. Este concurso que nace co fin de promover o uso da nosa lingua  entre a xente nova tanto en contextos formais como informais vai xa pola súa décima edición.

Para o alcalde de Soutomaior comentou que ” é un gusto ver participar a tantos rapaces e rapazas” neste X ano participaron un total de 276 persoas repartidas entre as categorías A  e B nas modalidades de redacción e audiovisua.

Para a concelleira de Xuventude Noelía Ocampo este concurso e xa unha cita obrigada dentro da súa concellería .

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+