O concello de Soutomaior xunto coa dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado deron por rematado o  programa Deseñando o teu futuro, un programa de aproximación da mocidade galega ao ámbito sociolaboral mediante o desenvolvemento de estadías–visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas e privadas, facilitando, deste xeito, unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional.

O proxecto tivo a finalidade de  financiar proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realizaran estadías-visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/entidades públicas ou privadas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de que adquiriran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+