Neste último capítulo a confraría de pescadores de Arcade, prepara o produto recollido no mar para poder seleccionalo e ser levado a lonxa para posteriormente proceder a poxa do marisco.

Unha xornada que día tras día é repetida sen importar as condicións meteorolóxicas, un traballo que como a maioría dos que o traballan non o cambiarían por nada a pesar da dureza do mesmo. Tv soutomaior agradece enormemente a colaboración de cada un dos membros da confraría e especialmente a súa patrona maior Rita.

Esta serie de reportaxes fixéronse coa intención de amosar a todos aqueles que descoñecen a dureza deste traballo e sensibilizar a todas aquelas persoas que o mar é un ben da natureza que non se debería de estragar, tanto pola parte da contaminación como polos furtivos que fan mito dano a todas estas persoas que viven por e para o mar.