Tanto Quico como Berta foron os mestres encargados de levar aos alumnos e alumnas do colexio IES Manuel Padín Truiteiro a ver o estado queimado dos montes. Tanto Quico como Berta levan anos saíndo e fomentando o medio ambiente cos estudantes xa que como ben di Quico non » non todo está nos libros».

O concello de Soutomaior leva anos castigado polo lume e que mellor forma que conciencias aos cativos que poidan ver, cheiran e tocar o desastre dos nosos montes. A tristura é inmensa xa que co paso do tempo as cousas non melloran e pola parte que nos toca intentamos concienciar e sensibilizar as noxas xeracións. O mestre Quico aconséllanos un libro do máis interesante que se titula «Os incendios forestais en Galicia» de Xesús Pereiras López no libro faise unha análise das causas dos incendios, os efectos ecolóxicos, económicos e sociais, ademais dunhas actividades prácticas onde se investiga a ecoloxía, a socioloxía dos incendios e o estudo dunha parcela queimada en comparación cunha sen queimar.

Felicitamos aos mestres Quico e Berta pola iniciativa que levan facendo dende hai varios anos e animámolos a seguir adiante co proxecto.