No segundo capítulo de hoxe, Cesáreo fálanos de como era a escola antigamente e cales foron os seus primeiros oficios. Cesáreo foi sempre unha persoa con inquietudes á hora de traballar, “Daquela traballábase do que fora, incluso tiña que ir coas ovellas para o monte, hoxe en día é impensable mandar a un pequeno coas ovellas xa que habería un problema bastante grande” comenta Cesáreo