A IV Carreira Popular da Ostra Arcade-Soutomaior reuniu onte na contorna do peirao de Arcade a dous centenares de atletas de todas as idades, que deron boa conta das diferentes probas por idades nunha mañá fría na que a choiva respectou aos participantes. A carreira reina disputouse sobre un percorrido de 5,8 quilómetros e coroou como gañadores a Manuel Lorenzo (19:11.34) e a Vanesa Insaurralde (25:16.07).

Os podios completáronos Jorge Janeiro (19:15.78) e Diego Pereiro (19:20.65) e Mari Carmen Ventoso (26:15.81) e Ale Alonso (26:27.84).

O Concello de Soutomaior quere agradecer aos voluntarios, policía local de Soutomaior, Motoclub Os Pejos e Club Ciclista Arcade a súa colaboración e facer posible que a IV Carreira Popular da Ostra disputásese sen incidencia algunha.

Os resultados da carreira e os tempos de cada participante pódense consultar en www.cronotec.es/resultados.html.