Nesta segunda entrega conversamos con «Manu» sobre a figura de Lois Obelleiro que foi un dos fundadores do BNG e do sindicato nacionalista INTG, posteriormente integrado na actual CIG,  foi edil do BNG no Concello de Soutomaior, así como representante do Bloque no consello da Administración da Televisión de Galicia, «estou seguro que hoxe en día Lois estaría moi orgulloso do B.N.G en Soutomaior».

«Manu» tamén nos comenta como está formado o seu partido e nos fai unha valoración dos seus compañeiros e compañeiras que aínda que sexan persoas moi novas, están máis que preparadas para representar o Concello.