Para Rita a Patrona Maior o mar tendría que estar mecanizado “así non habería tanto traballo nas condicións nas que o fan, a día de hoxe a forma de traballar practicamente é a mesma que hai 30 anos, e iso non pode ser, si tivéramos un barco que removera a area sería máis doado de traballar” comenta Rita. A maioría das traballadoras comentan que a súa xubilación tendría que estar aos 60 anos xa que as condicións de traballo son moi exixentes. Moitas delas comezaron con idades moi tempranas, moitas aínda estaban no colexio.