“O medio ambiente é unha prioridade, e o seu coidado é unha tarefa que hai que afrontar desde moitas frontes. Con estas iniciativas actuamos a través da educación, que é a mellor solución para o futuro, pero o noso traballo é moito máis amplo”, afirmou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que engadiu que “para coidar o medio ambiente melloramos todos os anos a nosa rede de iluminación pública con tecnoloxía led, repartimos composteiras particulares para fomentar a reciclaxe entre os veciños do rural, creamos a horta urbana ecolóxica e impulsamos a composteira comunitaria para concienciar aos veciños do centro urbano de Arcade”.

A reciclaxe é fundamental sobre todo para baixar os custes ó Concello xa que si se recicla en condición rebaixamos os custes ó Concello á hora de recoller o lixo. Reguera tamén fixo alusión ó lume que a semana pasada afectou ó Concello e agradeceu e felicitou a todos aqueles veciños e veciñas que estiveron todo o día o pe do canón apagando o lume .