Zume e ácido en trampas ao sol. É a última arma que están a ensaiar en Soutomaior contra a avespa asiática. Poñen un envase nunha árbore con atraente, que é o zume de arandos, e tamén ácido acético. Canto máis lle dea o sol, máis potencia colle o aroma, e máis velutinas se achegan.
Colócanos en áreas rurais para protexer as abellas autóctonas. Na loita contra a praga da avespa asiática empregáronse moitos métodos. No concello de Soutomair apostan agora polas trampas con atraente, zume de arandos e ácido acético. O dispositivo chama a atención do insecto invasor e atráeo para que quede no interior.

Xa se repartiron 100 trampas e 250 botes de líquido atraente entre os veciños, sobre todo no rural. O obxectivo é protexer as colmeas de abellas ás que a avespa asiática ataca. Unha avespa pode capturar entre 25 e 50 abellas ao día, de aí a grande ameaza que representan. Nunha primeira fase xa retiraron 125 niños de velutina.

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+