Os Reis Magos aproveitaron o seu paso polo concello de Soutomaior para visitar o centro de día Boas Apertas. Despois dunha conversa con Melchor e Gaspar comentáronnos que os usuarios do Centro portáronse moi ben este ano de aí que lles deixaron algún agasallo. Un dos momentos máis emotivos foi cando unha das usuarias recitou un poema adicado ás súas Maxestades.