Irene e Charo son as donas dos establecementos gañadores do XVII Certame da Camelia concello de Soutomaior. Para incentivar o comercio local o Concello abriu o Certame aos escaparates da Vila sendo os mesmos os protagonistas en canto á exposición das camelias.
Irene e Charo non é a primeira vez que gañan algún premio, xa que o ano pasado elas mesmas pero de forma inversa foron as gañadoras.
Consideran a iniciativa do Concello como un gran acerto xa que son moitas as persoas que se achegan polos establecementos para contemplar os centros florais feitos para a ocasión.