O B.N.G de Soutomaior presentou a semana pasada unha moción en defensa da Sanidade Pública a cal os nacionalista pedían que se dotara os servizos médicos do Concello de Soutomaior con máis sanitarios. Na moción presentada instaban á Xunta de Galicia en concreto co Conselleiro de Sanidade o señor Jesús Vázquez Almuíña a que se reunira cos responsables dos distintos partidos políticos do Concello para que escoite de primeira man as deficiencias do servizo de sanidade do municipio.