A semana pasada celebrouse no concello de Soutomaior o pleno ordinario pertencente ó mes de novembro, o BNG presentou unha moción na que solicitaban ó goberno municipal a creación de roteiros e unha maior dinamización da Vila para atraer a máxima xente posible a así dar a coñecer o patrimonio do Concello e deste xeito incentivar o comercio local. Por outra banda a voceira nacionalista Olalla Obelleiro presentou unha serie de medidas para intentar e mellorar a loita que padecen as mulleres contra o machismo, a proposta foi aprobada pola totalidade dos grupos políticos.