Tristeza e decepción son mas palabras empregadas polo alcalde de Pontecaldelas Andrés Díaz pola situación que como alcalde está a padecer estes días tras a problemática do traslado de auga do río Verdugo ó seu paso polo municipio de Pontecaldelas.

Díaz considera que a Xunta de Galicia está a amosar unha falta de respecto hacia o seu municipio xa que a día de hoxe as únicas novas que teñen son as que poden ler nos medios de comunicación, o alcalde non comprende como o seu Concello que é o máis afectado xa que o noventa por centro da obra non está a ter outro tipo de consideración.

A día de hoxe ningún concello pode facer obras noutros concellos, o único organismo que podería comezar as obras sería neste caso Augas de Galicia, Andrés Díaz non tivo ningún tipo de contacto con dita empresa e nunca se lle foi presentado ningún tipo de informe nin tan sequera o impacto ambiental que podería causar esta obra de abastecemento de augas ó encoro de Eiras.

O río Verdugo é buque insignia para o concello de Caldelas e supón un recurso turístico moi importante para a Vila e non queren que esta obra poida afectar a unha das súas maiores riquezas.