Manu Lorenzo é o voceiro do B.N.G no concello de Soutomaior o seu parido político está sendo o encargado de mobilizar a miles de persoas que dende que saltou a nova da construción dunha canalización dende o río Verduga ata o encoro de Eiras levan varias mobilizacións.

A de onte mércores 6 de decembro foi unha das máis multitudinarias, centros de persoas achegáronse ata a ponte de Comboa para amosar o seu malestar á obra que dende a Xunta de Galicia e o concello de Vigo están na procura do transvase da auga.

Lorenzo considera que non hai ningún tipo de estudo medio-ambiental realizado xa que de seguir coa obra adiante poría en perigo varios ecosistemas un dos máis prexudicados serían as mariscadoras de Soutomaior que afectarían a máis de duascentas familias .

Os grandes responsables da monstruosidade que se quere facer é a Xunta de Galicia xa que serían os encargados de aprobar a obra, xunto cos intereses do concello de Vigo.