O Concello de Soutomaior celebrou este pasado domingo o entroido aprazado por mor da choiva caída a semana anterior, dende primeira hora da tarde xa se podía ver bastante afluencia de  público polas rúas da Vila, e é que a xente tiña ganas de festexar o día grande do entroido.

O acto comezou soleado pese ó forte vente que fixo ó igual que a choiva acto de presenza en varias ocasións, aínda así este non foi quen de facer que as comparsas luciran as súas mellores galas visuais e sonoras.

Tv Soutomaior estivo un ano máis a pe de rúa no desfile de comparsas que partían dende o alto de Arcade para rematar na praza de Taló Río onde o día de entroido seguiría cunha orquestra.

Deste xeito o Concello de Soutomaior deu por rematado o entroido 20017.