O lume que destrozou os montes de Soutomaior  tiveron o seu epicentro en Pazos de Borbén, os fortes ventos acadados na noite do domingo fixo que o lume mudara de dirección e queimara por completo o barrio da Ermida. Poucos minutos despois o lume descontrolado avanzou cara o municipio de Soutomaior e Ponte Caldelas calcinando a gran velocidade miles de hectáreas de arboledas.  Persoal do Concello e veciños da Vila estiveron en vela durante a noite para impedir que o lume queimara as súas casas. Dous veciños da zona foron trasladados ó hospital Juan Canalejo por múltiples queimaduras.