O Concello de Soutomaior pon en marcha Soutonews, Magazine Xuvenil. Trátase dun programa de inmersión lingüística en inglés no que os/as participantes elaborarán o seu propio magazine xuvenil, encargándose de crear diferentes seccións: cultura, economía, deportes, sociedade, sucesos,…  O que se pretende é mellorar as competencias lingüísticas dos mozos e mozas, que  perdan a vergoña a falar en inglés e en público, que traballen en equipo e que traballen contidos con vocabulario diferente para así ampliar os seus coñecementos.

Guiados por unha profesora, idearán as novas, redactarán os contidos para logo coa axuda da televisión local,  gravar as seccións cos diálogos subtitulados en galego. Incorporaremos actividades didácticas que axudarán a desenvolver as habilidades en inglés así como a desenvolver a axilidade mental: competición de deletreo (spelling), obradoiro de cancións,etc.

Si estades interesados en saber que se fixo podes consultar os número anteriores en www.soutomaior.com ou en www.gabinetesoutomaior.com

Grupo 1: de 12 a 15 anos: Venres de 16:00 a 17:30
Grupo 2: de 16 a 25 anos: Venres de 17:30 a 19:00