Soutonews finalizou o curso este venres 9 de xuño. Este proxecto de inmesión lingüística en inglés comezou no mes de marzo e vai dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos. Durante estes meses os/as participantes estiveron realizando actividades moi diversas para prácticar o inglés: elección de temas para a elaboración dos magazines mensuais, procura de novas para realizar debates, entrevistas, elaboración de artigos, dinámicas e xogos, etc.

A metodoloxía deste proxecto é moi interactiva e dinámica, trátase de practicar o inglés pero dun xeito lúdico e práctico por iso cada mes o resultado é un número deste magazine xuvenil onte os mozos e mozas expoñen temas de interese para eles e elas sobre os que previamente realizan unha pequena investigación guiada pola súa mestra. Ademais, tamén se practican outras habilidades e destrezas como falar con público, traballar en grupo, ser máis creativos/as, etc. e tamén responsabilidade, reparto de funcións, empatía, etc. Cada mes escollen que rol van a ocupar na presentación do seguinte número e así teñen a oportunidade de ser reporteiros/as, presentadores/as e actores e actrices.

Neste número fálase de: lecturas recomendadas, libros electrónicos, xeoloxía e montañismo, como xogar ao cubo Rubik, karate e tamén sobre gastronomía.

Os seguintes dous números están a piques de saír e, xa avanzamos, que virán repletos doutras moitas novas tamén moi interesantes!

As persoas interesadas en participar neste proxecto poderán inscribirse a partir do mes de xullo na OMIX. Tel. 986700822  As clases comezarán de novo en outubro.