Soutonews finalizou o curso este venres 9 de xuño. Este proxecto de inmesión lingüística en inglés comezou no mes de marzo e vai dirixida a mozos e mozas de 12 a 17 anos. Durante estes meses os/as participantes estiveron realizando actividades moi diversas para prácticar o inglés: elección de temas para a elaboración dos magazines mensuais, procura de novas para realizar debates, entrevistas, elaboración de artigos, dinámicas e xogos, etc.

A metodoloxía deste proxecto é moi interactiva e dinámica, trátase de practicar o inglés pero dun xeito lúdico e práctico por iso cada mes o resultado é un número deste magazine xuvenil onte os mozos e mozas expoñen temas de interese para eles e elas sobre os que previamente realizan unha pequena investigación guiada pola súa mestra. Ademais, tamén se practican outras habilidades e destrezas como falar con público, traballar en grupo, ser máis creativos/as, etc. e tamén responsabilidade, reparto de funcións, empatía, etc. Cada mes escollen que rol van a ocupar na presentación do seguinte número e así teñen a oportunidade de ser reporteiros/as, presentadores/as e actores e actrices.