No día de onte celebrouse no concello de Soutomaior un pleno extraordinario para tratar de aunar forzas na política local de Soutomaior e adoptar varias medidas no acontecido hai escasas semanas cando o lume arrasou parte das parroquias da Vila. Entre os acordos que o voceiro do BNG Manuel Lorenzo propuxo foi o de solidarizarse coas familias afectadas, en especial aos feridos que a día de hoxe aínda están a recuperarse, deste mesmo xeito enviarlle a condolencias as familias que perderon os seus familiares atrapados no lume, entre outras medidas.

A unanimidade por parte do resto de forzas políticas fixo que este mesmo luns o alcalde de Soutomaior Agustín Reguera  convoque un xuntanza  de portavoces para levar adiante os acordos, Reguera pediu prudencia á hora de actuar nos montes queimados xa que os técnicos están a traballar nos montes da Vila.