“Unha experiencia moi novidosa ” é como describe a mestra Kristhel Seoane o programa lingüístico que a concellería de Xuventude mediante a Omix puxeron en marcha hai uns meses.
Un proxecto como este fai que os alumnos cheguen a clase moi motivados xa que son eles mesmos os que poñen os temas a tratar na clase.

Unha iniciativa lúdica pero sobre todo dinámica que fai que os alumnos e alumnas aprendas o idioma dunha forma distinta as tradicionais.

Soutonews comezou con boas expectativas sobre todo por parte do alumnado xa que non sabían o que se ían a atopar, co paso das semanas converteuse nunha forma moi atractiva de aprender o inglés. “Gustaríame poder seguir con este método de traballo xa que o resultado final foi moi satisfactorio” comenta a mestra Kristhel