Coa finalidade de difundir e ensinar os coñecementos necesarios para intervir, preventiva e activamente o Concello de Soutomaior programa unha charla informativa sobre a avispa asiática o sábado 22 de abril a partir das 19,30 horas nos baixos da praza de abastos. Está charla será impartida pola Asociación DEPOLGAL e conta coa colaboración de Agrícola Arcade.

Esta asociación xa leva un ano traballando arreo tendo eliminados máis de 140 niños ata a data de hoxe, e atendendo cada día os novos avisos que reciben do 112.

A concienciación da cidadanía é imprescindible, polo que é necesario sensibilizar a sociedade en xeral e, como un alicerce fundamental, a intervención no ámbito educativo é indispensable.

Estas charlas informativas e formativas, coa intención de que a cidadanía poida identificar a especie, saiba dos perigos que supoñen, recoñezan os niños e que sexan coñecedores das medidas a adoptar, e para os que desexen colaborar, trampeen na primavera (posta en práctica coñecementos teóricos).

As trampas que se están colocando  están dando os primeiros resultados coa captura das novas raíñas que despois da hibernación proceden a fundación dos niños primarios, cada unha que se elimina é un niño menos, polo que é unha actividade preventiva de cara ao verán cando o desenvolvemento das vespas é moito maior e proceden a construir os niños secundarios cuxa poboación é cosiderablemente maior, e provoca máis prexuizos na contorna.

( Fonte do vídeo : Guión e realización: César Galdo – Entremedias Imaxe e comunicación
Produción: Concello de San Sadurniño coa colaboración de AGA, Asociación Galega de Apicultura.)

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+