O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello aos diversos deportistas e clubs que nesta tempada próxima a finalizar mellores resultados obtiveron. Finalizou a liga de xuvenís na que o C.D. Soutomaior proclamouse campión da liga de segunda autonómica (grupo 8) despois de realizar unha magnifica campaña sacando 7 puntos de vantaxe ao segundo clasificado que foi o Marin, C. F. Con iso garantiron o ascenso á 1ª autonómica para a próxima tempada. O equipo dirixido por Jaime Calvar logrou nos 29 partidos, 23 vitorias 2 empates e 4 derrotas con 120 goles a favor e 34 en contra. O seu máximo artilleiro foi Jose C. da Torre con 31 goles en 21 partidos. Continua na competición de copa na que ten obxectivo xogar a final e tentar traer o trofeo para o seu club

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+