Un ano máis a Asociación de Veciños de Romaríz volver gañar o primeiro premio artístico no XVIII certamen da Camelia, para Cristina Brísimo é unha moi boa sorpresa xa que cada ano os esforzos por acadar un bo resultado é maior, para Cristina é un esforzo colectivo tanto da Asociación como dos veciños que ceden as frores.

A tarta nupcial co que se presentarón este ano foi unha idea que lle xurdiu un día traballando, ” podíamos facer unha tarta para este ano” foi como llo notificou as súas compañeiras da asociación que rapidamente se puxeron a traballar. O resultado mereceu a pena xa que despois de todo “o esforzo sempre é gratificante levar un premio comentou” Brísimo