Falar de fútbol feminino en Soutomaior é falar de unidade, compañeirismo pero sobre todo de esforzo, tal que esta tempada 17/18 so mentes chego a perder un partido, gañando os restantes moi comodamente.O Arcadia de fútbol feminino naceu hai catro anos, tras abandonar as xogadoras o antigo club no que militaban o C.D. Choco despois de non chegar a un entendemento coa súa directiva.Malia que a gran maioría das xogadoras comezaron xogando a fútbol sala, a día de hoxe son un dos referentes na vila de Soutomaior xa que na súa totalidade as integrantes do equipo adestran e xogan ao fútbol.

Paco Iglesias delegado do equipo leva dende os comezos, dende a súa fundación como equipo de fútbol sala, e a día de hoxe segue integrado coa mesma ilusión que as xogadoras, de aí o éxito rotundo desta plantilla a “ilusión”.Na vindeira tempada darán o salto a xogar na primeira división galega, o que significa que o seu esforzo será aínda maior. Dende tv Soutomaior felicitamos a todas as xogadoras así como á súa directiva polo logro cosechado neste derradeiros anos, e do mesmo xeito desexámoslles unha nova tempada de éxitos e sobre todo o que as define, compañeirismo.

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+