O grupo D das Actividades de Verán 2018 que organiza o Concello de Soutomaior visitou o vindeiro mércores o Meirande para coñecer máis sobre a historia da nosa ría. Os nenos, con idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos, puideron visitar as instalacións do museo, onde contemplaron diferentes documentos e réplicas de obxectos da famosa Batalla de Rande do século XIX, coma maquetas de galeóns, lingotes de prata ou canóns, entre outras moitas cousas máis que se poden visitar aquí. Esta é a terceira das catro semanas que dura o programa, que ten previsto para este mesmo grupo unha xincana no Peirao de Soutomaior na próxima e derradeira actividade.

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+