A edil de cultura Dolores Cernadas considera que as festas de Nadal son das máis bonitas e agardadas polos rapaces e rapazas do Concello, co acendido das luces de Nadal dáse por comezado un dos meses con máis actividades culturais en canto a diversión para cativ@s. Para este ano estívose a buscar iniciativas novas, isto é un traballo de meses xa que procuramos repetir o menos posible, unha das novidades de hoxe foi a dragón de doce metros que percorreu as rúas de Arcade ata chegar a Talo Río. Aínda que as actividades están enfocadas as máis cativ@s, a época de Nadal tamén é é moi importante para a economía da Vila relatou a edil de cultura xa que nestas festas o comercio local xoga un papel moi importante. Invitamos a toda aquela xente de fora do municipio a pasarse polo Concello e que poidan gozar das actividades que tendremos durante todo o mes xa que gran parte das mesmas son para realizar en familia.