O 17 de outubro o instituto de Soutomaior cumprirá un mes dende a súa inauguración aínda que o corpo directivo e profesorado xa estaban no Centro dende o mes de agosto para poñer todo en marcha para o inicio do novo curso escolar, Modesto Campos director do centro foi unha das persoa encargadas de poñer todo a funcionar non só internamente se non tamén externamente demandando as distintas Consellerías e Concello todo o material preciso para este novo curso. As primeiras valoracións son positivas aínda que ao Centro aínda lle queda moito por estar ao 100%, a normalidade e as rutinas diarias farán que todo estea no seu sitio. “Co novo edificio gañouse moito en espazo xa que temos unhas aulas acordes ao demandado” comenta Modesto.

Creo que todas estas melloras repercutirán positivamente no alumnado e sobre todo tamén nas familias xa que o centro é moito máis moderno e cunhas comodidades que no Padín Truiteiro non tiñamos.

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+