Eva Iglesias foi a pregoeira desta XXXII Festa da Ostra, dende ben chegada a mañá xa se empezaba a ver seareiros nas inmediacións do acto para coller un bo sitio onde poder ver e escoitar a Eva, sobre as 13 h dá tarde a carpa estaba totalmente abarrotada esperando o comezo do acto. Eva Iglesias viñera en varias ocasións a Soutomaior pero sempre coa orquestra nunca crería que algún día sería era a pregoeira da Festa a que ela viña a traballar, está moi agradecida ó Concello pola súa contratación ao igual que a todas e todos os seus seareiros xa que se sentiu moi arroupada na Vila.