Miles de racións foron servidas na XXXII Festa da Ostra dende o primeiro día da Festa os traballadores dos distintos estands non pararon de abrir o preciado produto. O día seguinte o domingo a afluencia foi masiva xa que dende primeira hora da mañá xa se comezou a servir racións, ata sete empregados por posto estaban sen parar a traballar para que os milleiros de persoas puideran degustar a Ostra.