Moi preto á Peneda de Soutomaior e pousado sobre uns postes que noutra hora deran servizo á iluminación atopamos unha construción urbana de trinta metros cadrados que recorda un hórreo moi moderno que fixo un arquitecto chamado Camilo Garrido. Dita construción ía ser nun principio un hórreo pero ao final rematou sendo unha vivenda espectacular en tan so trinta metros cadrados, Camilo Garrido o seu construtor fálanos de como foi o proceso de creación desta casa chamada Saltón