O Concello de Soutomaior acolleu onte o acto de presentación do I Campus de Verán do R. C. Celta en Soutomaior. O xerente da Fundación Celta, German Arteta, e o coordinador do campus e adestrador Alex Abalde, acompañaron ao alcalde, Agustín Reguera, durante o acto. A iniciativa desenvolverase do 30 de xullo ao 3 de agosto. O obxectivo desta iniciativa é a de fomentar a práctica do deporte entre a mocidade do municipio ademais de inculcar aos mozos unha cultura deportiva de primeiro nivel xa que todos os adestradores do Campus forman parte do equipo técnico das categorías inferiores do club. Ademais, “como premio, os mozos que demostren maior calidade deportiva e humana poderán adestrar coas categorías inferiores do club na Madroa e probarse co Celta”, afirmou o xerente da Fundación Celta, German Arteta.

A participación no Campus ten un custo de 115 euros para os empadroados no Concello de Soutomaior e 130 euros para os non empadroados e cada participante recibirá un equipamento completo de adestramento do R. C.Celta s. Ademais, os que realicen a inscrición antes do 31 de maio recibirán unha segunda camiseta de agasallo. A inscrición realizarase vía web a través da páxina web da fundación Celta. www.fundacion.rccelta.es