Na tarde de onte tivo lugar a inauguración oficial da musealización da fortaleza do castelo de Soutomaior, ao acto asistiron menbros Deputación de Pontevedra así como varios alcaldes e alcaldesas de varios concello de Pontevedra, entre os asistentes estivo o alcalde de Soutomaior Agustín Reguera. Segundo a presidenta da deputación Carmela Silva o Castelo está “á altura dos mellores Castelos do mundo” as obras de musealización inclúen dez salas nas que se poderán atopar diversos audiovisuais interactivos, proxeccións en 3D, reproducións de documentos históricos, xogos e maquetas tamén a destacar un videomapping xigante. O alcalde Agustín Reguera salientou o esforzo e o bo traballo da Deputación xa que en todo momento como recalcou Carmela Silva na súa intervención o diálogo por parte do Concello de Soutomaior e a presidenta da Deputación foi constante.