Agustín Reguera alcalde de Soutomaior está sempre presente e participativo en calquera das actividades que se celebren en Soutomaior, si ben a semana pasada participaba na Carreira da Ostra, esta mesma estaba presente na XXXII Festa da Ostra. Reguera comentaba o ambiente espectacular que dende o mesmo sábado había no peirao de Arcade.

Agustín non foi quen de deixar de agradecer o enorme traballo e esforzo que todos os hostaleiros e a Confraría de Arcade depositaron na organización do Evento, Reguera gozou moito desta Festa xa que é un día no que as posibilidades para intercambian conclusións están en todo momento, e como alcalde é moi satisfactoria vivilo deste xeito.

Sempre que se lle pregunta a Reguera polo seu forte á hora de degustar as ostras sempre nos contesta ” ao natural e sen limón é a mellor forma de apreciar o sabor propio do mar”.