Para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente que se celebrou o 5 de xuño o Concello de Soutomaior organizou un programa de actividades que se realizaron en Talorío en horario de 18 a 20 h. A programación inclíu actividades para todas as idades. Dende unha xincana para xogar e superar probas de xeito individual e grupal nas cales os/as participantes terán que ir demostrando coñecemento sobre temas medio ambientais e tamén habilidades que lles permitirán superar as estacións e chegar á meta. Foron probas moi divertidas, fáciles e lúdicas aptas para todos os públicos. Tamén haberá xogos musicais, malabares e monociclos para animar a festa.

Ademais, destas iniciativas dende o Concello tamén se promoven outras iniciativas con fin de promover valores de respeto e coidado ao medio ambiente, actividades de voluntariado medio ambiental, roteiros, etc. Preténdese poñer en marcha iniciativas que sensibilicen sobre a necesidade coidar a natureza e concienciar sobre a necesidade de contaminar menos para conservar os recursos naturais .

A seguinte acción “Hoxe imos informar e concienciar” durará dúas xornadas: martes 26 de xuño de 17.00 a 19.00 h na Carballeira de Arcade para elaborar o material da campaña informativa e domingo 15 de xullo de17.00 a 20.00 h para realizar a acción de campo que se levará a cabo na praia da Ponte Colgante sobre o Verdugo durante a cal se colocarán os carteis pintados anteriormente e se falará coa xente que esté no río, para informala e concienciala sobre o problema citado.