O Concello de Soutomaior celebrou a “V Festa da Familia” no Peirao de Arcade o evento celebrouse con distintas atraccións inchables, espectáculo de pompas de xabón xigantes e moitas máis actividades para nenos dende 1 a14 anos. Unha tarde na que non faltou a clásica festa da escuma para nenos e maiores, castelos inchables, atraccións mecánicas e acuáticas ademais de moita música. A festa deu comezo sobre as 17:00 horas na chaira do Peirao de Arcade centos de familias comezaron a chegar sobre a hora de inicio, malia que o día non foi o esperado na meteoroloxía os máis cativos atrevéronse a gozar das atracción incluídas as de auga. Sobre as seis e media da tarde a choiva fixo que a festa tivera que ser suspendida, unha mágoa para as familias alí presentes, por quinto ano consecutivo o Concello foi que de reunir ás familias da Vila para celebrar o 5º encontro “Festa da Familia”

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+