Os actos iniciaranse o xoves día 29 a partir das 23,00 horas no Multiusos de Arcade coa actuación do humorista Isi e da Agrupación musical Sorcha. A continuación, (de 02,00 a 06,00 h) e xa na madrugada do xoves para o venres emitirase o programa da Radio Galega “Pensando en ti” presentado por Marcial Mouzo, programa onde os oíntes e persoas que asisten en directo ou por teléfono contan as súas experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

Os interesados en participar poden facelo en persoa asistindo de maneira gratuíta ao programa ou a través do número de teléfono 981 540 924. “Pensando en ti” é un dos programas máis escoitados na súa franxa horaria en Galicia. Definido polo protagonismo absoluto que ten a participación dos oíntes, este espazo reúne a unha crecente comunidade radiofónica, chegando mesmo a convocar convivencia e actividades para fomentar o encontro real entre os seus seguidores.

O sábado día 31 de marzo ás 12.00 horas procederase á apertura das casetas de venda de ostras. Os actos estarán amenizados pola charanga “A cabeza non para”

Ás 22.00 horas poñerase en marcha a verbena popular coas orquestras Televisión e Palladium. No intermedio da verbena, ás 24.00 horas, haberá unha tirada de fogos artificiais. O domingo 1 as casetas das ostras abriranse ás 10.00 horas e unha hora máis tarde as bandas de música Artística de Arcade e Banda de Música Cultural de Arcade ofrecerán os seus tradicionais pasacalles.

Ás 13.00 horas terá lugar o pregón da festa a cargo da cantante, presentadora e colaboradora do programa de humor Land Rober: Eva Iglesias O Concello de Soutomaior espera congregar a miles de visitantes entre as dúas xornadas en Arcade, polo que preparará preto de cen mil unidades de ostras.