Iago Treus forma parte do movemento social veciñal que demandan unha sanidade pública e de calidade para Soutomaior, a iniciativa nace dos propios veciños da Vila encabezado polo propio Iago que farto de ver como está a Seguridade Social na vila na que reside, Soutomaior, decidiron tomar o empuxe e organizar unha primeira charla informativa que tivo lugar a semana pasada no multiusos de Arcade o cal asistiron membros da plataforma SOS Sanidade Pública.

O propio Treus cualificou como de “suma importancia” a segunda das actividades que tendera lugar na alameda de Talo Río o vindeiro 2 de setembro ás 12 da mañá. O cal pide a todos os veciños e veciñas da Vila que acudan ao acto o cal varios membros da política veciñal e provincial confirmaron a súa presenza. Para Iago non é admisible que Soutomaior sufra os recortes sanitarios que está a padecer de aí que anime a todos os veciños e veciñas o vindeiro 2 de setembro para que nun acto de unión se lles facilite o que por lei é obrigatorio.

ComparteEmail this to someoneShare on FacebookTweet about this on TwitterShare on Google+