Por segundo ano consecutivo a confraría de Pescadores de Arcade Virxe do Carme súmanse a colaborar coa XXXII Festa da Ostra Para acompañar ás ostras propoñen a iniciativa “Do mar ao prato” onde se poderán degustar produtos da lonxa de Arcade tales como ameixas á mariñeira, espeto de anguía, chocos á feira ou quisquilla crocante. Ao redor de 50 persoas traballarán directamente na festa gastronómica, tanto na elaboración das racións como na atención ao público.