O Arcadia Club de Fútbol xoga no campo do Salgueirón de Soutomaior, adoita a xogar os domingos pola tarde cando xoga na casa, este ano o calendario é moito máis difícil que o ano pasado xa que ascenderon á liga galega o que significa mellores rivais e xornadas moito máis duras tanto en desprazamentos como en xogo.

A fin de semana pasada tocaba xogar na casa, a priori contra un equipo moito máis modesto o Milagrosa de Lugo, aínda como di a nosa protagonista Ana Castellano «todos os quipos nesta categoría son complicados». Un Domingo de Fútbol co Arcadía conta como é o día a día das xogadoras que forman o equipo, aínda que esta vez o protagonismo tócalle a unha das súas capitáns Ana Castellano, para esta moza que leva dende os nove anos xogando a fútbol este deporte é a súa paixón e reivindica máis presenza do fútbol feminino.

Ana combina os seus estudos en Santiago co deporte en Soutomaior de onde é local e para a capitán non supón ningún sobre esforzo desprazarse todos os fins de semana varios quilómetros de distancia, xa que o fútbol forma parte da súa vida. Un Domingo de Fútbol co Arcadia amosa o carácter das súas xogadoras e as gañas de destacar o papel da muller no mundo do fútbol, SoutomaiorTv felicita ao equipo e corpo técnico polo gran esforzo e os resultados tan satisfactorios.