O pasado venres día 30 celebrouse na Alameda de Tallo Río o acendido das luces de Nadal con varios espectáculos para todos os públicos, como colofón aos actos deuse o paso ao acendido das luces de Nadal. A xornada iniciouse cun espectáculo de animación. “A xogar cos trasnos de Nadal” : En Talo Río viviuse unha gran festa chea de cor e de sorrisos onde os nenos e nenas puideron bailar como tolos e xogar coa música. Un espectáculo de movemento interactivo con xogos musicais, cancións de animación, globos e xogos interactivos. Previo ao aceso das luces un Dragón voador de 12 metros de longo feito de globos cheos de helio percorreu as rúas voando ao redor dos centos de nenos e nenas ata a súa chegada a Talo Río onde se produciu o momento esperado polos asistentes. Tamén entregouse un número a cada neno e nena para o sorteos dos tres afortunad@ s que foron os encargados de darlle ao botón para o acendido A todos os asistentes entregóuselles un gorro de Papa Noel para dar a benvida ao Nadal.