Dolores Cernadas concelleira de Cultura foi a encargada de poñer en en funcionamento a XVIII certame da Camelia, como di Cernadas este ano supuxo un dobre esforzo o cambiar de escenario xa que houbo que deseñar un novo espazo para o evento. A concelleira resaltou tamén a colaboración dos artistas locais á hora de participar no certame a agradeceu a todas as persoas que se achegaron ó pavillón. Por outra banda o alcalde Agustín Reguera destacou o traballo dos artistas sobre todo os locais e ratificou o esforzo da concelleira nesta edición, así mesmo Reguera fixo fincapé na importancia do Evento para o Concello xa que pon a Soutomaior como referencia neste tipo de eventos.